Material:
xiz, cinta, un cartón, chapas, tapóns ou pedras.
Así
se fai:
sobre o cartón debuxamos un rectángulo dividido á súa vez en seis
rectángulos iguais, e outro que marcaremos no lado superior a modo
de coroa. (ver imaxe). Tamén o podemos debuxar no chan. Cada
rectángulo numerarase do 1 ao 6 ao chou, e o 7 será o de enriba de
todo.
Podedes
xogar individualmente ou varios participantes. Cada xogador/a disporá
de tres fichas (chapas, tapóns, pedras, etc) que lanzará sobre o
rectángulo co obxectivo de alcalzar a puntuación de 7 e medio. As
fichas que caian dentro dos rectángulos numerados suman ese número
e, para facer o medio, debe caer sobre unha das liñas que delimitan
os rectángulos. O xogador/a pode facer dous ou tres lanzamentos e
gañará aquel que alcance os sete e medio ou a puntuación que máis
se achegue, pero sempre sen pasar de sete e medio.
Aquí tedes o xogo que fixo Catalina:
E a familia Gómez tamén nos mandou o seu xogo:
Marco
Sandra
Yara e Yeray
No hay comentarios:
Publicar un comentario