Material:
- 4 tiras de cartón de aproximadamente 40 cm de longo e 8 cm de ancho.
- 5 tubos de papel hixiénico.
- 5 aros de cartón de aproximadamente 16 cm de diámetro o círculo exterior, e 10 cm de diámetro o círculo interior.
Así se fai:
cortamos as tiras de cartón e coloreámolas para que queden máis
boniras. Unha vez coloreadas, pegámolas con cola ou outro pegamento
resistente en forma de + (tal e como aparece na imaxe). Coloreamos os
tubos e pegamos catro deles en cada un dos extremos da estrela e
outro no medio. Por último, cortamos os cinco aros de cartón e
coloreámolos.
Podemos xogar de forma individual ou con
máis persoas. Debemos tirar desde unha distancia marcada, podemos
empezar por 1 metro e ir aumentando. Podemos poñer un límite de
puntuación, por exemplo 21 puntos, e o que primeiro chegue, gaña a
partida. Podemos poñer puntuación a cada tubo, por exemplo, se
metemos un aro no do medio, sumaremos 5 puntos.
Aquí temos o xogo feito por María:
Sofía
Yago
Alexandre
No hay comentarios:
Publicar un comentario