sábado, 27 de febrero de 2021

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

 Esta semana, o alumnado co CPI tivo a sorte de disfrutar dunhas xornadas de surf no pavillón da man de David, integrante de Surf and Clean e Aprendiendo a través del Surfing, e José, responsable de Cabanas Narea e Narea Surf Escola. Gracias por acercarnos este deporte tan apaixoante. O alumnado aprendeu cousas moi enriquecedoras para a súa vida. A próxima experiencia será na auga.



domingo, 14 de febrero de 2021

XOGUETOLOXÍA

 Esta semana, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tiveron unha sesión de xoguetoloxía na que construiron unha tartaruga con material de refugallo. Aquí vos deixo algunhas fotos:



















XOGO DE GALICIA: "A ra"

 O alumnado de infantil está a traballar o Camiño de Santiago, así que escollemos un xogo galego, o xogo da ra. Con ras feitas polo alumnado, intentar meter tapóns de botellas na súa boca. Podemos facer o mesmo cunha caixa con boca de castaña.

















XOGO DE GRECIA: "Kukla"

Debuxamos dúas liñas paralelas no chan e separadas 5 m. Unha é a liña de gol e a outra a de lanzamento. No centro da liña de gol sitúase unha lata, arredor da cal se traza un círculo de 1 m de diámetro. Os xogadores/as situados na liña de lanzamento tiran por turnos unas bolsiñas feitas con globos e arroz hacia a liña de gol. O xogador/a que máis aproxima a súa bolsa á liña de gol, pasa a ser o guardián da lata e debe situarse detrás desta. A continuación, os xogadores/as, dispostos detrás da liña de lanzamento, tiran un a un as súas bolsas para derribar a lata. O xogador/a que o consegue, debe saír correndo a recuperar a súa bolsiña e regresar o máis rápido posible á liña de tiro. Mentres o guardián recolle a lata para situala novamente no centro do círculo e intenta pillar ao xogador/a que a tirou, cambiándose os papeis do xogo en caso de conseguilo. Os xogadores/as que non derriban a lata no primeiro lanzamento teñen que deixar a súa bolsiña no chan ata que outro xogador/a o consiga; en este caso deben saír todos correndo a recuperar as súas bolsas antes de que o guardián poda darlles alcance.






















XOGO DE EXIPTO: "Tiro da corda"

Utilizamos unha corda larga e marcamos no chan a liña do medio. Formamos dous equipos, un en cada extremo da corda. O obxectivo do xogo é levar ao equipo contrario ao teu campo, traspasando a liña do medio, tirando da corda.