domingo, 14 de febrero de 2021

XOGO DE GRECIA: "Kukla"

Debuxamos dúas liñas paralelas no chan e separadas 5 m. Unha é a liña de gol e a outra a de lanzamento. No centro da liña de gol sitúase unha lata, arredor da cal se traza un círculo de 1 m de diámetro. Os xogadores/as situados na liña de lanzamento tiran por turnos unas bolsiñas feitas con globos e arroz hacia a liña de gol. O xogador/a que máis aproxima a súa bolsa á liña de gol, pasa a ser o guardián da lata e debe situarse detrás desta. A continuación, os xogadores/as, dispostos detrás da liña de lanzamento, tiran un a un as súas bolsas para derribar a lata. O xogador/a que o consegue, debe saír correndo a recuperar a súa bolsiña e regresar o máis rápido posible á liña de tiro. Mentres o guardián recolle a lata para situala novamente no centro do círculo e intenta pillar ao xogador/a que a tirou, cambiándose os papeis do xogo en caso de conseguilo. Os xogadores/as que non derriban a lata no primeiro lanzamento teñen que deixar a súa bolsiña no chan ata que outro xogador/a o consiga; en este caso deben saír todos correndo a recuperar as súas bolsas antes de que o guardián poda darlles alcance.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario