Os xogadores/as forman un círculo. No exterior colócase un xogador/a que panda. Os que forman o círculo levan o nome de diferentes froitas. O do exterior exclama: “Alla frutta…” e di o nome dunha froita. Se un dos xogadores/as ten ese nome, responde: “Sono io!” (Son eu!). O que panda ten que intentar tocalo, mentres o nomeado escapa correndo arredor do círculo, dando unha volta enteira ata o sitio que ocupaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario