viernes, 17 de abril de 2015

COMO EVITAR AS LESIÓNS


Cando vaiades realizar algún tipo de actividade física, é importante ter en conta dúas cousas: o quecemento e os estiramentos.

O quecemento realízase antes da actividade física e ten como obxectivo "quentar" os nosos músculos, preparalos para o exercicio que imos realizar. Por iso, nas nosas clases soemos realizar algún xogo de pilla ao principio que nos serve de quecemento.
No seguinte enlace podedes ver como realizar un quecemento.


Os estiramentos realizámolos tanto ante como despois da actividade. Tamén nos serven para preparar aos músculos para a actividade física, para conseguir que sexan máis flexibles, e para relaxalos despois do exercicio e evitar que se agarroten.
Aquí vos deixo un enlace donde tedes distintos tipos de estiramento.


viernes, 10 de abril de 2015

FLOORBALL

Os nenos/as do 3º ciclo están aprendendo cousas sobre o floorball. Aquí vos deixo uns vídeos nos que podedes ver como se xoga.




AS POSIBILIDADES DA DANZA

Anímovos a que vexades este vídeo, no que utilizan o corpo para facer danza cunha escenografía impresionante.