domingo, 26 de abril de 2020

O LABIRINTO

O LABIRINTO

Esta semana o xogo que imos a aprender é o labirinto. Aquí vos deixo as instruccións.

Materiais:

  • Cinta adhesiva ou illante dunha cor que se vexa ben, ou senón pode pintarse cun xiz.
  • Unha pelota (tamén se pode facer con papel de xornal e envolvendo con cinta adhesiva).

Preparación:

  • Pegar nun sitio amplo a cinta formando un labirinto no chan. Debe ter só un camiño posible polo cal atravesar ata chegar á meta.

Dinámica de xogo:

  • Cada participante debe cruzar o labirinto arrastrando a pelota cos pés sen tocar a cinta. En caso de facelo debe volver a comezar ou dar paso ao seguinte xogador/a.
  • En caso de haber un só participante, pode cronometrar o tempo que lle leva cruzar ata a meta. Deste xeito pode intentalo varias veces ata conseguilo no menor tempo posible.
  • No caso de haber dous ou máis xogadores/as, gañará aquel que chegue antes á meta sen tocar a cinta.
  • Pode complicarse a dinámica do xogo poñendo máis anacos de cinta polo medio ou facendo máis longo o camiño.
A familia Gómez xa fixo o seu labirinto:

Nuria


Sara


Wendy



Marco e Saúl


Sofía e Noé


Noemí


Joel


José Mª


Yago


Marco


 
Antía
 
 
Mateo
 
 
Samuel

 
Iago
 
 
Pablo
 
 
Sandra
 
 
Carmen
 
 
 
Sofía
 
 
Matías
 

Pablo (4º)

 
Yara
 
 
Yeray
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario