sábado, 1 de mayo de 2021

AS OLIMPIADAS

No cole quixemos facer o acto de inauguración das nosas Olimpiadas particulares. Primeiro fixemos o desfile de bandeiras, aproveitando que estamos a traballar as viaxes, cada aula creou a bandeira do seu país. Despois fixemos o xuramento olímpico por parte dos atletas (alumnado), árbitros e xuíces/xuízas (xefas de estudos) e adestradores/as (mestras de E.F.). Posteriormente encendemos o incensario coa antorcha olímpica portada por un alumno de 1º. Para rematar o acto, o alumnado recibiu unha sorpresa: un vídeo enviado pola propia Ana Peleteiro, agradecendo o apoio que lle estamos a amosar e prometendo virnos visitar un día ao noso colexio.

Despois de tanto tempo sen poder facer nada xuntos/as, conseguir facer isto infantil, primaria e secundaria, gardando as debidas medidas que nos indican polo covid, cremos que é un gran éxito por partes de todos/as, por poñer cada un de nós o noso gran de area para poder levalo a cabo. 

NORABOA A TODOS/AS!!!





















































No hay comentarios:

Publicar un comentario