domingo, 20 de diciembre de 2020

XOGO DE RUSIA: "O semáforo"

 Este ano no CPI temos como PDI as viaxes. Cada curso elixiu un país a traballar. Dende a E.F. imos traballar os xogos dos distintos países escollidos. Esta semana tocoulle a Rusia.

Entre todos os xogadores/as escollen a un para que sexa o semáforo. Este colócase no centro dun terreo rectangular. O resto de xogadores/as dispóñense en fila detrás dunha das liñas do extremo do terreo. O xogador/as-semáforo nomea unha determinada cor, por exemplo, “vermello!”. Entón os participantes teñen que cruzar o campo sen ser atrapados polo semáforo, menos os que posean alguna peza de roupa con esa cor que poden cruzar sen problema o terreo sen ser pillados. O xogador/a que sexa atrapado pasa a ser o semáforo.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario