sábado, 9 de mayo de 2020

A RA

Esta semana o xogo que vos propoño é o da ra. Imos facer un caseiro.
Nome:
A RA

Materiais:
  • Unha garrafa de auga.
  • Pinturas.
  • Tesoiras e cúter.
  • Rotuladores ou lapis de cores.
  • Pegamento ou cola resistente.
  • Cartón ou folios brancos.
  • 7 tapóns de plástico.
  • Unha oveira.

Preparación:

  • Pintamos de verde a garrafa de auga para que semelle unha verdadeira ra. Unha vez seca, facémoslle un furado que será a boca da ra.
  • Coa oveira facemos os ollos. E cun folio ou cartón debuxamos os pés dunha ra e pintámolos de verde. Por último, pegamos os ollos e os pés da ra.
  • Para facer os pellos (fichas) necesitamos 7 tapóns de plástico. No interior deles, cun rotulador e un cachiño de folio ou cartón, marcaremos diferentes números. Un de 50, un de 25, dous de 10 e tres de 5.

Dinámica de xogo:

  • O obxectivo do xogo da ra é conseguir a máxima puntuación posible despois de lanzar os sete pellos seguidos. Para iso, nesta variante de xogo, tentaremos meter o máximo número de pellos na boca da ra. Unha vez lanzados os sete pellos, sumamos os puntos que quedaron dentro da ra.
  • O xogo da ra auténtico consta dun moble que ten unha ra, dúas pontes, un muíño e diferentes buratos. Ao meter na boca da ra acadariamos 50 puntos. No muíño, 25. En calquera das pontes 10 e nos furados, 5 puntos. No noso caso, como non dispoñemos desta mesa de xogo, serán os propios pellos os que conteñen esas mesmas puntuacións.
  • A distancia de lanzamento varía en función da idade das persoas xogadoras, igual que a altura, pois podémola colocar encima dunha cadeira, dun banco, dunha mesa...
  • Este xogo pódese xogar de forma individual ou por equipos.
    Amina
     

Yanira e Bryan




Noa



 Nerea

Familia Gómez Mourelle



Martín


Pablo



Samuel e Marta


Iria



Xandre




Antía

Estela

 Alberto e Idoia

Ariadna


Joel


José Mª


Matías


Sofía


Adrián



Wendy


Sara


Erika




Mateo


Julia


Xiana


Iago




Antón





Sofía



´

Marco e Saúl


Pablo (4º)


Emma







Paula


Sandra




















No hay comentarios:

Publicar un comentario