domingo, 29 de noviembre de 2015
OS CIRCUITOS
Os nenos/as de 4º animáronse a construír os seus propios circuítos. É unha forma divertida de facer Educación Física. Aquí tedes o resultado. Con calquer material podedes facelo para xogar cos vosos amigos/as.
miércoles, 25 de noviembre de 2015
miércoles, 16 de septiembre de 2015
INICIO DE CURSO
Xa estamos de volta. Espero que disfrutárades das vosas vacacións. Agora toca traballar un pouquiño, pero sen olvidar de divertirnos, sempre que nos portemos ben, claro.
Benvid@s a tod@s!!!!
Benvid@s a tod@s!!!!
sábado, 27 de junio de 2015
FESTIVAL FIN DE CURSO
FELICES VACACIÓNS!!!
E NON VOS OLVIDEDES DE FACER ALGO DE DEPORTE ESTE VERÁN!!!
jueves, 18 de junio de 2015
viernes, 17 de abril de 2015
COMO EVITAR AS LESIÓNS
Cando vaiades realizar algún tipo de actividade física, é importante ter en conta dúas cousas: o quecemento e os estiramentos.
O quecemento realízase antes da actividade física e ten como obxectivo "quentar" os nosos músculos, preparalos para o exercicio que imos realizar. Por iso, nas nosas clases soemos realizar algún xogo de pilla ao principio que nos serve de quecemento.
No seguinte enlace podedes ver como realizar un quecemento.
Os estiramentos realizámolos tanto ante como despois da actividade. Tamén nos serven para preparar aos músculos para a actividade física, para conseguir que sexan máis flexibles, e para relaxalos despois do exercicio e evitar que se agarroten.
Aquí vos deixo un enlace donde tedes distintos tipos de estiramento.
viernes, 10 de abril de 2015
FLOORBALL
Os nenos/as do 3º ciclo están aprendendo cousas sobre o floorball. Aquí vos deixo uns vídeos nos que podedes ver como se xoga.
AS POSIBILIDADES DA DANZA
Anímovos a que vexades este vídeo, no que utilizan o corpo para facer danza cunha escenografía impresionante.
jueves, 9 de abril de 2015
ACTIVIDADE FÍSICA, EXERCICIO E DEPORTE
Botádelle una ollada a este vídeo que vos explica o necesario que é facer algo de exercicio físico para o noso corpo.
O EXERCICIO FÍSICO E A SAÚDE
Aquí vos deixo un xogo sobre o exercicio físico e o seu beneficio sobre a saúde. A xogar!!!
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/ejfisico_cono4EP_ud4_01/frame_prim.swf
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/ejfisico_cono4EP_ud4_01/frame_prim.swf
jueves, 26 de marzo de 2015
AULA DE INFORMÁTICA
Hoxe o tempo non nos acompañou, así que como chove, non subimos ao pavillón, pero fixemos unha clase de Educación Física distinta. Fomos á aula de informática e divertímonos cos xogos da web LUDOS. Aquí vos deixo o enlace para que poidades visitalo sempre que queirades.
http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/alumnos.html
jueves, 19 de marzo de 2015
VISITA AO MELGA
Os nen@s de 3º e 4º de Primaria visitamos este martes o museo do xoguete en Ponteceso. Foi unha experiencia moi divertida. Disfrutamos da compañía de Ricardo, que nos ensinou todo tipo de xogos e deportes de Galicia e outras partes do mundo, e deixounos xogar con algúns dos xoguetes da súa gran colección.
Moitas grazas por todo!!!
Moitas grazas por todo!!!
jueves, 12 de marzo de 2015
LIGAS DE FÚTBOL E BRILÉ NO COLE
O equipo "6 burros en camisa" proclamáronse campións das ligas de fútbol e brilé que se levaron a cabo no colexio. Grazas a tod@s por participar e polo xogo limpo que houbo en todo momento.
Noraboa campións!!!!
Noraboa campións!!!!
martes, 10 de marzo de 2015
domingo, 8 de marzo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)